«É básico regularizar o urbanismo en Dumbría»

Eduardo Eiroa Millares
e. eiroa CEE / LA VOZ

CARBALLO

Considera que no municipio existe unha gran preocupación polo futuro de naves e vivendas

07 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Manuel Barcia García (Santa Comba, 1960) encabeza a lista do Partido Independente dos Empresarios de Dumbría (PIED), unha formación que concorre por primeira vez ás eleccións locais no municipio.

-¿Por que decidiron presentarse?

-Levamos 28 anos padecendo en Dumbría a falta dun plan urbanístico. Os que temos naves e casas estamos preocupados. Non houbo solucións e pedimos que entre os tres partidos políticos tratemos de regularizar as obras que hai.

-¿Que tal é a relación co PP?

-Non coñezo persoalmente ao voceiro do partido nin tivemos contacto algún, non podo opinar del. Pero estou vendo que con ese cabeza de lista o PP non prospera en Dumbría, vai en decadencia.

-¿Que cambios lle gustaría facer en Dumbría?

-Gustaríame que cada un puidera construír según un plan urbanístico e recuperar a poboación perdida. A xente marcha porque non pode construír aquí, baixamos moitísimos. Moitos se foron a vivir a Santa Comba ou a Cee.

-O seu partido, ¿é só para os empresarios?

-É un partido de empresarios, pero tamén hai moitos gandeiros apostando por nós.

-¿Como é a relación co alcalde?

-Pois nin boa nin mala. El pasa por min e non me saúda. Debe ser que está preocupado e púxose nervioso. Antes tomábamos café no mesmo sitio, agora non.

-¿E como valora o feito polo actual goberno local?

-Podíamos ter avanzado moito máis, sobre todo en urbanismo. Todo se fixo enriba do aire. É básico regularizar o urbanismo en Dumbría. Se o alcalde non fixo nada cando tivo todos os gobernos ao seu favor, ¿que vai facer cando non teña nada? Porque vai perder tamén a Deputación. O meu consello é que se xubile.

-¿Que resultado esperan obter?

-Eu preséntome con idea de gañar. Hai moita xente cansada de que o goberno actual pense que o Concello é seu.

-¿Como espera a campaña?

-Pídolle ao alcalde que se deixe de amezas e coaccións e deixe decidir ao pobo libremente.

A favor

En contra

A favor

En contra

A favor, cada persoa que faga o que queira co seu corpo

En contra

En contra de todas as drogas

En contra

En contra

Arroz con ameixas

Caracois

Calvario, un Rioja

Aquarius

O bogavante

Rodaballo

BMW X6

Non

O Barcelona

Cervantes

O Quijote

Blade

García Lorca

Tom Cruise

Penélope Cruz

Julio Iglesias

As baladas

El Barco, de Antena 3