«O plan xeral ten que saír xa, non pode esperar máis tempo»

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Cre que é necesario facer unha auditoría das contas «xa que o equipo de goberno non aporta transparencia»

06 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

As súas palabras desborda optimismo por todos lados. Luis Miguel Ceán García (Buño, 1977) afronta estas municipais como un reto máis na súa andaina política. Se fai catro anos foi baixo o paraugas do PP, agora presenta a súa candidatura á alcaldía de Malpica por Terra Galega.

-¿Que lle ofrece esta formación?

-Liberdade para traballar, iso é o máis importante. Ter unhas siglas detrás que avalan o teu proxecto é algo que dignifica aos responsables comarcais de Terra Galega. Ademais, estamos a falar dun partido en clara expansión na Costa da Morte nos últimos tempos.

-Malpica é un galimatías político. ¿Cal é a súa aposta para os próximos comicios?

-Dende logo, aspiro a gobernar; logo as urnas dirán o que teñan que dicir, pero preséntome para gañar. Considero que os veciños deben ter maior presenza nos plenos.

-Pero os sufraxios das últimas eleccións din outra ben distinta: o PP e o PSOE xogaranse a alcaldía, e as apostas din, en teoría, que non haberá maioría absoluta. ¿Gustaríalle ser a chave do futuro goberno?

-¿Por que non? Pero non a calquera prezo. Eu daríalle o me apoio a aquel partido que ofreza un programa político próximo ao de Terra Galega, sen mirar siglas, só proxectos de futuro para Malpica.

-¿Cales son eses proxectos?

-Primeiro, é necesario facer unha auditoría das contas do Concello. Teño claro que o actual equipo de goberno non actúa con transparencia neste sentido; segundo, o plan xeral ten que saír xa, non pode esperar máis tempo porque Malpica perde poboación moza pola incerteza urbanística; terceiro, impulsar a gardería pública, que leva anos de retraso, impedindo a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños; e por último, impulsar unha unión temporal de empresas para que as compañías da localidade poidan participar nos grandes proxectos que veñen aprobados pola Deputación e das Administracións autonómica e central.

-¿Cales son os puntos fortes de Malpica?

-A pesca e o turismo son os grandes motores da economía local e, polo tanto, hai que potencialos.

Luis Ceán García candidato por terra Galega en Malpica

A favor

A favor nun delito de terrorismo

A favor

A favor

A favor

A favor

Non opino

En contra totalmente

A favor

A favor, sempre que se desenvolvan políticas de coordinación

O cocido

Queixo

Non entendo de viños

Auga

Os gambóns

A maragota

Café con leite

Na casa

Real Madrid

O fútbol e o motociclismo son os meus deportes preferidos

Non teño preferencias

O Quixote

Braveheart

Non teño preferencias

Mel Gibson

Angelina Jolie

Chayanne

As baladas románticas

Os telexornais

Exipto, sen dúbida un país para coñecer e gozar