«Non descarto ningún pacto»

Santiago Garrido Rial
s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O rexedor dá por feito que vai ser a lista máis votada

03 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Despois de media vida no PSOE, partido do que foi expulsado, e de case 24 anos de alcalde, Alejandro Rodríguez (Calo, 73 anos dende o 1 de xaneiro) presentarase ás eleccións muncipais á fronte dun proxecto independente, Independiente por Vimianzo (IxV). Nos últimos días mantén unha batalla dialéctica cos concelleiros socialistas, que aínda son os seus compañeiros de goberno local.

-¿Por que se presenta?

-Por Vimianzo. O labor que fixen fixérono poucos, e aos veciños me merezo. Estou xubilado, non lle custo nada ao Concello. Son moi útil para Vimianzo, polo que fago e pola miña honradez, que non moitos teñen.

-¿Ve que o apoian ou xa está decepcionado?

-Vexo que cada vez me apoian máis. Tamén é porque traballo, se cadra máis ca nunca. Eu non me boto atrás, acepto todos os retos. Eu non tiña necesidade ningunha de presentarme, pero outra razón que me leva a facelo foi que coa miña dignidade non se xoga.

-¿É certo que o seu irmán está detrás da candidatura?

-¡Falso! Eu del non teño nada que defender. Na súa empresa non teño participación ningunha. Non teño ningunha cousa sucia detras, non coma outros. Eu son totalmente transparente.

-Pero a filla del, a súa sobriña, vai de número dous.

-Mónica vén comigo porque é unha rapaza preparada, competente e traballadora, e porque ten o sangue de Alejandro. E ademais é moi boa rapaza. E o terceiro é Manolo Soto, o Padronés, a quen en política non lle gana ninguén.

-E de cuarta, unha ex concelleira do PP. ¿Unha tránsfuga?

-Carmen marchou do PP porque viu que a enganaron, e ve que traballo, e uniuse. E eu tamén vin que é traballadora. Non é transfuguismo, somos independentes. Tránsfuga si que foi a concelleira que tiñamos nós e marchou co BNG.

-¿Por que segue no goberno co PSOE?

-O mandato xa está acabado. Pouco queda, un pleno ou dous para o da Casa da Cultura. Se non se paga xa, acabarase pagando máis [o acredor é empresa do irmán, 800.000 euros, por orde xudicial]. É incrible que o abogado recurrise sen acordo plenario. E no pleno, a ver quen se atreve a non erguer a man. ¿Pagarán cos bens?

-Vostede dixéralle a Moreda que non se presentaría se a lista a encabezaba José Antonio Miñones, o tenente de alcalde.

-A Salvador díxenlle iso e non o fixen porque no partido enganáronme a min. O presidente do partido dixérame que estaba todo arranxado e traizoáronme. Eu teño dignidade. O día 22 de maio pola noite mandareille telegramas a Marisol Soneira, Mar Barcón e Ricardo Varela. O que me fixo a min o partido non se lle fai a ninguén. E, por certo, eu apoiei a Miñones para botar fóra a Marcial Mouzo. Tamén lle digo que é de ben nacidos ser agradecidos. Miñones, Nieves e Manolo [concelleiros do PSOE] cobraron un soldo grazas aos pactos puntuais con Carmen Borbujo. E despois non quixeron apoiar os presupostos. Gracias a Borbujo. Outra cousa é que ela ultimamente parece que perdeu o norte na política.

-¿Cre que vostede gañará as eleccións?

-Creo que vou ser a lista máis votada. Sen dúbida. E creo que se non hai maioría absoluta hai que gobernar con apoios puntuais, como ata agora. Porque, se non, isto é un caos. E non descarto a ninguén para gobernar, non descarto ningún pacto.

-Ao BNG, si que o descarta.

-Non descarto a ninguén.

-¿Non ten medo de baixar moito por non ter un partido forte detrás?

-Nada. Vou ser o máis votado. E espero gañar en todas as mesas. Os partidos rinse de nós. Hai moitos exemplos. Non cumpren os prazos que dan, como o da autovía. Comprometéronse a facer o saneamento e Urroa, Manlle e Santa Comba no 2008 e agora din que non. Vounos levar ao xulgado. Meten millóns en pedras, como o de Dombate, habendo tanto onde botar os cartos. Eu digo o que penso. Os partidos, non. Non hai político coma min na Costa da Morte que diga as verdades. E son dos que apartan as mazáns podres para non pudrir as outras.

alejandro rodíguez lema alcalde e candidato de independientes por vimianzo

Non opino

En contra

A favor, claro. Eu estou así

Non me gusta

A favor. A muller é dona do seu corpo

A favor nos tempos que corren

A favor, libres de todo

En contra totalmente

A favor. Gadafi é un tirano

En contra. Hai que ter unhas normas

De todo. Antes, a carne

Como de todo. A lamprea, tal vez

Ribera del Duero reserva

Cervexa sen alcohol e auga

Cigalas

Mero

Leite e cereais de avea

É igual. Eu ceo pouco

Barcelona e Soneira

A partida ao tute e andar en bicicleta

Saramago

Ensayo sobre la ceguera

As de Cantinflas

Antes, Manolo Escobar

Mario Moreno, Cantinflas

Sofía Loren

Escobar

A nosa e a de antes: pasodobles, boleros

Ningún. Só os de deportes

Canarias e Arxentina. Viaxei moito.