«Un labor histórico que quedará aí para sempre»

La Voz

CARBALLO

19 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A cesión desinteresada de moitas das súas fotos por parte dos veciños da parroquia larachesa de Torás fixo posible a edición dunha obra que tanto Xosé María Cotelo -presidente de A Cutareira- coma Xan Fraga -colaborador da obra- cualificaron como de moi importante e que, en palabras do segundo, constitúe «un labor histórico que quedará aí para sempre». Unha volta polo pasado é froito dun traballo que arrincou fai xa tres anos e que podería ter continuación nun segundo volume posto que o traballo recollida de fotos prosigue. O libro foi costeado integramente pola entidade, que editou 700 exemplares, xa á venda nas librarías de A Laracha.