A Fundación Abente nace co apoio das institucións galegas

Os dirixentes da entidade xa aprobaron o programa para este ano


carballo

Muxía saldou onte unha vella débeda co seu literato máis laureado, Gonzalo López Abente, por medio da creación da Fundación dedicada ao poeta do mar, como lembrou o alcalde, Félix Porto, dese mar «inquedo, forte e rexo» que aparece nos seus poemarios. Grazas a López Abente, dixo o rexedor, Muxía «está presente na literatura con algúns dos máis fermosos versos cantados na nosa lingua».

A creación da Fundación, que foi un acontecemento que encheu o salón de plenos do Concello, recibiu o apoio das principais institucións culturais de Galicia. Así, o alcalde pretende que a entidade teña unha longa e frutífera vida, e parafraseando ao poeta homenaxeado dixo: «Eu tamén quero navegar nesta nave que parte hoxe».

A comisión executiva da Fundación xa aprobou o programa deste año. A directiva quedou formada por Félix Porto, presidente; Rivadulla Corcón, vicepresidente; Viki Rivadulla, secretaria, e Arturo Suárez Varela, tesoureiro. Como vocais figuran Amparo Baña, Miro Villar, Xan Fernández Carrera, Manuel Vilar e Xesús Sambade. Ademais deles, Muxía encheuse de intelectuais, pois varios poetas da bisbarra estiveron presentes no acto, así como o alcalde de Camariñas, a deputada Marisol Soneira, o ex mandatario Alberto Blanco e outros edís da bisbarra. Tamén apoiaron o acto varios familiares de López Abente, así como unha representación da sociedade muxiana.

A Fundación nace polo interese que ten a obra de Abente e a calidade poética dos seus versos. «É un dos escritores que transcendeu ao seu tempo», manifestou Rivadulla Corcón no seu discurso, no que tamén apuntou que o escritor muxián «foi un home comprometido coa lingua e a cultura de Galicia», «un faro de potente luz».

Miro Villar fixo un resume biográfico do autor, que morreu o 23 de xullo de 1963, «nas vésperas de Santiago, un día que ventaba o nordés e o mar esbouraba». A notaria Ana Mallada levantou acta da constitución, que rematou coa interpretación por primeira vez en galego do himno da Barca por parte do coro dirixido por Charo Feire .

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

A Fundación Abente nace co apoio das institucións galegas