Talía actúa hoxe en Vimianzo

La Voz

CARBALLO

17 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Vimianzo é a primeira localidade da Costa da Morte á que acude Talía Teatro co seu novo espectáculo, que estivo de estrea esta mesma semana en Santiago. Con Volpone ou a comedia de Mosca , a compañía ceense rescata a comedia máis famosa do autor inglés Ben Jonson, que viviu a cabalo entre os séculos XVI e XVII, e que na súa época era considerado o mellor dramaturgo, mesmo por riba de William Shakespeare.

Tras un vestiario e unha escenografía que sorprenden dende o primeiro momento agóchase unha sátira mordaz da avaricia humana.