Extracto del discurso del alcalde carballés, Evencio Ferrero

La Voz

CARBALLO

08 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

El alcalde carballés, Evencio Ferrero, realizó un amplio discurso en el que combinó recuerdo con presente y fututo.

Los orígenes

: «Nunha data como a de hoxe non sería doado de entender que se mirara cara atrás porque o pasado xa fuxiu. Carballo está preparado para iniciar desde hoxe unha nova etapa de dinamización da nosa economía, na potenciación do empresariado e no impulso que significa unha ampliación do polígono industrial e caseque 72 hectáreas. Sen recrearnos no retrovisor de tempos pasados que temos que superar, estamos na obriga de relembrar e recoñecer o traballo, esforzo e compromiso cos 150 empresarios que deron vida á constitución de Asemcar un 16 de maio de 1975 co seu primeiro presidente José Sánchez Vilas, quen tanto traballou polo polígono e por Carballo. Eles foron quen tiveron a visión de iniciar con diñeiro propio a posta en marcha de solo industrial en Carballo e que durante estes anos serviu de impulsor da economía comarcal. O noso agradecemento e recoñecemento polo traballo desenvolvido». El ser carballés : «Carballo é lugar de industrias, de feiras e comercio, de proxectos emprendedores con mans honestas e traballadoras que non dubidaron en iniciar o sempre difícil camiño empresarial. Hai que ser moi carballés para ser capaz de converter unha industria conserveira, nacida a varios quilómetros do mar, en marca líder mundial. Hai que ser moi carballés para ser capaz de poñer en marcha -hai máis de tres décadas- unha iniciativa de solo industrial contando con moi poucas axudas públicas». Con P de polígono : «Hoxe o noso Polígono industrial escríbese con letras moi grandes, xa ten unha P moito máis visible, unha P de proxectos novedosos, de puntualidade obreira, de prudencia empresarial, de pobo que cre no seu futuro, de promoción económica, de proximidade ao Porto exterior, de período florecente para o que nos preparamos, de pan do molete que nos identifica e que pedimos que estea en forma de traballo en todos os fogares». Inversiones : «Nós tamén pedimos novas actuacións que necesariamente temos que abordar desde a colaboración e lealdade institucional entre Concello e Xunta que, coa súa achega e a de Xestur, xa contribuíu a facer posible esta feliz realidade e a circunvalación carballesa, e a subestación eléctrica deben ser bos exemplos futuros desa lealdade. Todos estamos obrigados a colaborar na construción do que nos conmove e nos une».