«Aquí podería haber xente se estivera todo moito mellor explotado»

J. V. L. CARBALLO/LA VOZ.

CARBALLO

04 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Felipe Oróns Baña (Laxe, 1982) a parte de gañarse a vida detrás da barra do bar Praia Mar é un consumado deportista que o mesmo calza as botas para defender as cores do equipo do seu pobo que as botellas para practicar a pesca submarina. Este xoves puxo a andar un veleiro australiano avariado.

-¿Dedícase normalmente a estes traballos?

-Nesta ocasión chamoume Tono o da Cruz Vermella porque ás veces voulle de voluntario. Xa fun antes, por unha embarcación de Salvamento que perdía aceite e por unha baca de carga que tamén tiña cables na hélice, pero normalmente o que fago é pesca submarina coa lancha que temos meu irmán e máis eu.

-¿Que tiña o veleiro australiano?

-Tiña un cabo no eixe do temón. Só tiven que quitarllo.

-¿Como vai o fútbol? ¿A que se debeu ese cambio de aires?

-Vin ao Laxe para axudar, porque tanto me ten xogar en segunda coma en terceira porque total pódenme quedar tres ou catro anos. No Baio tamén estaba moi ben e chamáronme doutros equipos de segunda pero agora toca botar unha man. O problema é que seguimos sen campo. Agora din que é pola historia do vestiario pero xa non sei. De momento adestramos en Cabana e onde podemos.

-¿E a hostalaría?

-Este verán tivemos traballo pero agora xa se acabou todo. Aquí podería haber xente se estivera todo moito mellor explotado pero non é así