Aínda que é bilbaíno de nacemento, considérase máis galego ca «unha taza de ribeiro». Serxio Moreira (Bilbao, 1977) vive en Canduas e regresou á terra dos seus pais para dedicarse ao que máis lle gusta: a música. Traballa como pianista en moitas bandas e dende hai dez anos forma parella de traballo con Paco Souto, co que comparte a exposición Lugares de Incendio e que ata o día 31 de decembro se pode ver no Pazo da Cultura de Carballo.
-¿Por qué ten ese nome?
-A raíz foron os incendios que fai tres o catro anos arrasaron parte de Portugal. A partir dese momento, Paco que é o creador do proxecto inspirouse nunha obra nova. Foi o punto de partida de este proxecto.
-¿En qué consiste a exposición?
-Son doce poemas escritos polo meu compañeiro Paco Souto a partir dos cales sae un cadro, tamén feito por el, e unha peza musical, que é o meu traballo.
-¿Cómo se unen todos estes elementos?
-En realidade eu póñolle a música ao poema, que é un traballo sempre similar porque me meto dentro da temática da obra. Nos outros proxectos eu ía improvisando segundo o poema, pero en Lugares de Incendio cada poema esixe unha peza cerrada e moi determinada. Nos anteriores, os poemas tiñan unha liña común, pero nesta exposición tratase de doce poemas inéditos que piden composicións o máis profundas posibles.