Presentación e proxección de «Na bágoa da marea»

La Voz

CARBALLO

01 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A serie de Internet Para mariñeiros, nós chegou ata Carballo. Así, durante os días da Praza dos Libros elaborouse un dos episodios, titulado Na bágoa da marea e rodado tamén, en parte, no pub A Reserva. Agora, unha vez editado, presentarase e proxectarase mañá mesmo no Pazo da Cultura, ás 20.30 horas.

O miniepisodio xira arredor da feira, do pan e da difusión do libro e da lectura en galego. Está protagonizado por Suso Lista e Manolo Castro e conta, ademais, coa colaboración de Manolo Rivas, Suso de Toro e Gustavo Pernas Cora. A partir de mañá poderá verse na rede.