A exposición itinerante está aberta para que poidan visitala todos os veciños da Costa da Morte

La Voz

CARBALLO

08 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A exposición que promove o Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) estará no colexio Labarta Pose de Baio ata o próximo xoves día 14 de maio. Os veciños da zona terán a oportunidade de visitar a mostra que chega aos centros educativos en festividades especiais, como é o caso do 35 aniversario do centro que dirixe o educador Santiago Sobrino Josenje. Son numerosos os centros escolares da zona que xa pasaron pola aula, que pretende achegar aos cativos a realidade dos antepasados e coa intención de facer unha comparativa entre a educación de antes e a que reciben os escolares a día de hoxe. O horario de visitas é de 10 a 11 e de 17 a 18 horas, aínda que as persoas que non poidan ir a esa hora poden poñerse en contacto coa dirección do centro.