«Os aparellos de buceo e pesca submarina véndense máis no verán»

CARBALLO

18 sep 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A pesca en Muxía é o pan de cada día. Dela viven non só os mariñeiros senón tamén os que venden os artiluxios precisos para levala a cabo. A actividade vaise diversificando e as especificades van sendo cada vez máis. Un exemplo: a pesca deportiva. Para os que a practiquen, Humberto Muíño Conde rexenta na localidade un comercio que el mesmo denomina «ferretería naval». Aínda que tiña familia no lugar de Frixe, el naceu e criouse en Suíza ata os 22 anos.

-¿A súa é unha tenda de pesca deportiva?

-Digamos que é unha ferretería, pero especializada no sector do mar. Podería dicirse que é unha ferretería naval. Á marxe dos produtos típicos dese negocio, logo teño artiluxios de buceo, pesca submarina e todo tipo de material náutico.

-¿Hai unha forte demanda deses produtos en Muxía?

-A pesca é unha parte moi importante da vila. Os artiluxios de buceo ou pesca submarina son, logo, especialmente demandados no verán, por exemplo: hai bastante afección.

-¿Foi por iso polo que decidiu abrir o negocio nesa localidade?

-Está aberto dende hai uns tres anos e, como tiñamos aquí un local, pois foi por iso. Tamén axudou a promesa de que Muxía contará cun porto deportivo, só que como o proxecto se retrasa algo, entón fun diversificando o negocio. Cando se constrúa definitivamente, tal vez iso lle dun maior empuxe á venda destes produtos.