www.museoman.com, un recordo particular


Eran moitos os que visitaban a Manfred Gnädinger, Man, «o alemán de Camelle», no seu museo. Chegou a ser, para algúns, un dos puntos de referencia na Costa da Morte. Dende o seu falecemento o 28 de decembro do 2002, tamén son moitos os que o seguen recordando.

Internet está ateigado de referencias á súa figura e á súa obra, pero das páxinas con dominio exclusivo non pode dicirse o mesmo. A deixadez de certos organismos de cara o legado que deixou este persoeiro intenta ser combatida, non obstante, con iniciativas particulares. Unha delas, a do empresario laxense José Manuel Pato, que puxo en marcha, hai uns cantos meses a páxina web www.museoman.com. Defínea como «unha homenaxe a Man, unha iniciativa sen ánimo de lucro ningún e a cal pretendo poñer a disposición do Concello».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos

www.museoman.com, un recordo particular