O Concello de Carballo ultima os preparativos do maratón «Oito horas lendo»

La Voz

CARBALLO

16 may 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Mañá será un día grande en toda a Costa da Morte. Así, o Concello de Carballo celebra o tradicional maratón Oito horas lendo. Nesta actividade lerase a todos os escritores que foron homenaxeados no Día das Letras Galegas desde 1963, ano no que a Real Academia Galega instituíu esta conmemoración cultural. O acto terá lugar ás 11.30 e estenderase ata as 19.30 horas no xardín municipal e consistirá na lectura, durante cinco minutos, dun fragmento literario seleccionado polo propio participante de calquera dos corenta e cinco autores aos que foi dedicada esta data.

Despois, entregaranse os galardóns aos gañadores da cuarta edición do Premio a Artigos Normalizadores, que son Xesús Fraga e Kiko Novoa, ambos xornalistas de La Voz e Radio Voz Bergantiños, respectivamente. O acto rematará cun concerto ofrecido pola Banda Municipal de Música de Carballo.

O domingo terá lugar o programa Maxia en familia que estará conducido polo prestidixitador Pedro que presentará o seu espectáculo, Ilusión. A cita dará comezo ás 18.00 horas no Pazo da Cultura e o prezo é de 2,5 euros.