A vermicompostaxe está en auxe polo aumento da demanda dos productos da agricultura ecolóxica

CARBALLO

26 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A vermicompostaxe está de moda e boa proba dilo son as cada vez máis cuantiosas vendas que fai a empresa Ecocelta situada en Vigo e dedicada a creación de abono natural. De feito os seus son os únicos abonos galegos que contan coa certificación ecolóxica para usalo na agricultura ecolóxica. Dende hai máis de cinco anos levan traballando a nivel industrial na vermicompostaxe que non é outra cousa que «dar de comer as lombrices restos orgánicos e as súas defecacións son o abono», comenta o biólogo da empresa, Julio Eiroa. «Entre as súas propiedades está o de favorecer ao crecemento e enraizamento das plantas polo que se pode utilizar directamente sobre a raíz». Ademais Eiroa asegura que cada vez teñen máis demanda porque «a agroecoloxía cada vez se consume máis. A xente sabe que se usa produtos naturais as cousas saben diferente e teñen outra cor». Pero non todos valoran estas características e «hai xente que lle importa máis o prezo que a calidade». O certo é que as lombrices da vermicompostaxe son as máis afortunadas de todas.