A Asociación de Veciños de Corme dedica o mes ás películas centradas na primeira Guerra Mundial

La Voz

CARBALLO

31 ene 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Os venres de Corme seguirán a ser venres de cine, xa que a Asociación de Veciños da localidade estrea mañá un novo ciclo, nesta ocasión dedicado ás películas ambientadas na primeira Guerra Mundial. A proxección que inaugurará o ciclo será Sendeiros de gloria (1957), de Stanley Kubrick, que conta a historia dun consello de guerra ao que son sometidos un grupo de soldados, entre eles o interpretado por Kirk Douglas.

O venres 8 poderá verse Largo domingo de noviazgo (2004) un drama romántico francés dirixido por Jean-Pierre Jeunet e protagonizado, entre outros, por Audrey Tautou e Jodie Foster.

Para o venres 15 está prevista a proxección de Bo Nadal (2005), outra historia francesa, dirixida por Christian Carion. Está baseada en feitos reais e conta a historia dun grupo de soldados alemáns, franceses e escoceses que o día de Nadal de 1914 enterran as súas diferenzas para xogar ao fútbol.

A seguinte película será Johnny colleu o seu fusil (1971) de Dalton Trumbo, que tamén escribiu a novela homónima. É unha brutal historia antibelicista e unha contundente apoloxía da eutanasia.

A gañadora de dous Oscar (película e director) S en novidade no fronte (1930), de Lewis Milestone, pechará o ciclo o vindeiro día 29.