CARBALLO | MAÑÁ E TARDE
10 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.O Pazo da Cultura de Carballo acolle dende hoxe, e ata o 24 deste mes, a exposición Luís Ksado. Premio de Creación Fotográfica , na que se poden ver os traballos da sétima edición do premio que organiza cada ano a Deputación. As obras expostas son Breve prontuario de peixes e pareceres , do gañador Miguel Harguindey Vidal, así como os traballos dos cinco finalistas seleccionados para a exposición. A mostra está composta por unha colección de fotos definidas polo seu carácter singular e conceptual, que dalgunha maneira supoñen unha novidade neste premio, sendo a creatividade o factor esencial que se valora, segundo a Concellería de Cultura. Estes traballos poderanse visitar todos os días da semana, de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.