Nace en Carballo un programa para a integración lingüística

La Voz

CARBALLO

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo convocou para o vindeiro martes, ás 20.30 horas, a todas as persoas interesadas en participar nun programa para a multiculturalidade e a integración lingüística. A iniciativa vai dirixida, especialmente, a todas aquelas persoas que naceron fóra de Galicia e viven na zona ou ás que estiveron fóra moito tempo e regresaron recentemente, e ás que se lles pretende facilitar «o coñecemento, dun xeito práctico, lúdico e atractivo, da lingua, da cultura, da sociedade, da historia, da xeografía, etc. de Galicia», sinalan dende o servizo. As actividades concretaranse na reunión do día 27, no Pazo da Cultura.