Numerosas entidades públicas mobilizáronse por Labarta Pose

La Voz

CARBALLO

14 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? finais do ano 1999, todas as asociacións culturais, veciñais e deportivas de Baio, así como diversos persoeiros da vila, empezaron a unir esforzos para que a Real Academia Galega recuperase a figura de Henrique Labarta Pose, o gran escritor natural da localidade, morto aínda novo nun accidente en Barcelona, autor de centos de poesías e varios contos. Comezaba así unha campaña que, daquela, tiña como obxectivo a proclamación de Labarta para o ano 2001. E como nese ano non foi, pois para o 2002. E como nese tampouco... Os impulsores crearon unha comisión para sacar adiante todos os traballos, entrevistarse con membros da Academia, organizar actividades. Contactaron con todos os concellos da Costa da Morte, que aprobaron en pleno mocións de apoio á candidatura baiesa. Fíxose unha páxinas web. Impartíronse conferencias, escribíronse artigos... Todo para que Labarta fose, sexa, o terceiro escritor da Costa da Morte en lograr ese recoñecemento, tras Pondal e López Abente. O tempo fixo esmorecer un pouco -non morrer- ese impulso cultural. Algúns dos seus protagonistas teñen comentado en privado a necesidades de recuperar os contactos, as actividades, convencidos da valía de Labarta para o premio.