Todo listo para os premios do Fogar de Bergantiños

La Voz LA VOZ | CARBALLO

CARBALLO

Dazaoito persoas ou entidades aspiran aos galardóns Os membros do Padroado deberán votar aos seus candidatos o vindeiro sábado

10 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? Padroado Fogar de Bergantiños, institución que agrupa a concellos e entidades da bisbarra, xa ten todo preparado para elixir ao Galego, Bergantiñán e Carballés do Ano, coma sempre por estas datas (leva 28 anos recoñecendo os valores sociais). A elección, entre todos os membros (que tamén propuxeron os candidatos) será o sábado, 17, ás 19.00 horas no salón de actos da igrexa de Carballo. . Optan a esta distinción, que o ano pasado levaron Carmen Avendaño e o escritor Xosé Neira Vilas, a tripulación do pesqueiro Francisco y Catalina, que no 2006 rescatara a 51 náufragos preto de Libia e Malta (varios mariñeiros son de Muxía e Fisterra); o ciclista Óscar Pereiro, natural de Mos-Pontevedra, virtual gañador do Tour de Francia na pasada edición; o artista Miguel Anxo Prado, debuxante e creador de películas de animación; a Real Academia galega, que chegou ao centenario no 2006, o xornal La Voz de Galicia, que acaba de cumplir 125 anos. Tamén o físico e divulgador científico Jorge Mira Pérez, baiés, inicialmente proposto para bergantiñán, pero que finalmente recala nesta categoría. BERGANTIÑÁN DO ANO . As cantareiras de Raigañas (Cerqueda) foron as gañadoras o ano pasado. Nesta ocasión optan ao galardón a Asociación Cultural Santa María de Torás, de A Laracha, que leva 25 anos de actividade; Asunción Antelo Suáreaz, a Rexoubeira de Bergantiños, escultora e escritora autodidacta, de Segufe (Seavia-Coristanco); Fernando Cabeza Quiles, profesor, escritor, artisculista, conferenciante, experto en toponimia; os regueifeiros de Bergantiños, e Martín Varela Dourado, natural de Corme, xogador de tenis en cadeira de rodas con importantes éxitos no circuíto español. . O ano pasado foron numeados como tales os motoristas Fernández Puga e Gómez Pallas, ademais do Centro Social San Xoán Bautista. Os candidatos do ano 2006, que se fallarán o vindeiro sábado, son José Arijón Rama, natural de Oza, empresario de éxito e presidente da Casa de Galicia de Montevideo: o Centro Municipal de Formación de Carballo, que leva dende 1990 formando aos mozos e realizando obras importantes; a Escola Lubiáns de Hockey, polo labor de promoción deste deporte e pola súa traxectoria deportiva; Xosé Ramón Freixeiro Mato, de Cances, escritor e profesor na Universidade da Coruña: os Gaiteiros de Cances e Carmen do Cura, veteranos artistas con máis de 70 anos de experiencia; Sergio Moure, natural de Carballo, compositor de música de cine e ex candidato ao premio Goya por Cargo , e Sara Velo García de Seárez, de Carballo, campeona de España de triatlón na súa categoría e destacada deportista.