¿Qué opina del programa de fiestas?

La Voz

CARBALLO

15 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

¿Non se pode discrepar? Supoño que os que opinaron aquí que non lles gusta o programa de festas non serán todos do PP e só os do PP. ¿Que pasa? ¿Que aos do Bloque xa lle gustan por decreto? Falan de crispación, de opinións políticas, de provocar odio entre a sociedade... ¿Non se pode decir que non che gustan as festas sen que sexa interpretado coma un ataque ó Bloque ou á comisión? Pode ser que o que crispe e dea mal ambiente sexa o totalitarismo no que temos que soportar os que non pensamos igual. Deixade vós de pensar sempre na política e nos réditos políticos e veredes que a xente vive moi tranquila sen tanto dogma. Eu non son nin do PP, nin do PSOE, nin, por suposto, do BNG, e as festas de San Xoán non me gustan casi nunca, e últimamente, aínda menos. M.L.V . Pois eu estarei de festa Hai quen quere mezclar a política coa festa e a min iso paréceme moi mal. Estea quen estea hai as festas para todos, e teñen que ser as festas de todos, onde o importante é que a xente o pase ben, que hai baile, concertos, mellores ou peores, e festa na rúa. ¿O mesmo de sempre?, Pois para min si, irei á casa pola festa, estarei coa familia, pasearei coas amigas e disfrutarei, seguro que o vou a pasar xenial, como todos os anos, con este goberno e co anterior. ?Por certo, creo que a comisión de festas merece un respecto, e cousas que estou lendo nesta web non me gustan nada. ?E aquí hai algúns que queren que estemos continuamente de mala leche , pero comigo non o van a conseguir. Eu, repito, vouno a pasar xenial nestas festas. Ana María. O caso é queixarse Non entendo por que todo os anos ninguén está dacordo coas festas. Houbo anos moi malos, pero creo que este vai ser distinto. Algo importante é que se recuperan os concertos para os mozos fóra do xardín, cousa que non houbo o ano pasado, convertíndose para min as festas nun aburrimento, a excepción de Kiko Veneno e Dulce Pontes. Concertos, por outra parte, criticados polos máis maiores, que no xardín prefiren as orquestras para bailar. Cousa moi normal e respectable. Ademais, este ano veñen grupos que tirarán de moita xente da zona. Nada máis e nada menos que Nacho Vegas e Nadadora e, pola banda folk moderna , Lamatumbá. Quizais o fallo estea no lugar dos concertos, xa que a explanada da estación proporciona moitos aparcamentos. Polo demais, eu doulle unha boa nota á comisión deste ano por pensar na xente que respectamos, pero que non disfrutamos da música de xente como Pereza, por exemplo. A pequerrecha. Só lle gustan aos papanatas Hai unha nova casta en Carballo: os papanatas entregados a todo o que sucede no Concello. Se nos teñen que gustar as festas só porque estamos no goberno cando non se observa ningún cambio sustancial respecto a outros anos, vale. Os carballeses aceptamos pulpo como animal de compañía, non sexa que se incomoden os da Comisión de Festas ou os infalibles gobernantes. M. José Lorenzo. Moita autocomplacencia Tereille que recordar aos do Bloque quen son os do non: eles. Por sempre. Teñen ben ganado o título. Por moito que tenten colocarlle o sambenito a outros, o pobo non esquece tan rápido a súa actitude de tantos anos. Por certo, ¿onde lle vai o espíritu crítico? ¿Agotaron todo os berros cando non mandaban? ¿Está todo tan ben agora ou é que teñen o bandullo cheo? ¡Claro que hai cambios nas festas! Todos temos un ano máis, os grupos pop non son os mesmos ¿Algunha outra novidade? A Juanjo gústanlle as verbenas e eu voltarei aos caballitos . ¡Qué ilusión! Carlos Castro Caamaño. Non queremos tanto odio Estoy completamente de acuerdo en que hay gente que quiere usar todo contra el alcalde con tal de provocar odio entre la sociedad. ?Esta táctica del PP la estoy sufriendo también en el Ayuntamiento, donde trabajo. Debe de ser un mandato de arriba, crispar y crispar allí donde no tiene el gobierno, mezclando todo y enfrentando a la sociedad, incluso por las fiestas. ?Dejen ya de criticar a la comisión de fiestas y si quieren otras fiestas apóyenlas desde dentro. ?Estoy de acuerdo con quien comenta aquí que las fiestas son para disfrutarlas, que descanse la política durante el San Xoán, por favoooooor. Manuel Álvarez . Opiniones en www.lavozdegalicia.es (sección Bergantiños).