Champions

VICENTE DE LEMA

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

19 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

NUNCA entenderei aos forofos do fútbol. É comprensible que a calquera lle poida gustar o deporte. De feito, a min tamén me gusta ver un partido de fútbol bonito, pero o do pasado mércores superou a barreira do son. Máis ca disfrutar da Champions, algúns que eu coñezo sufrírona. O conto empezou o mércores antes das oito do serán. Un culé convito e confeso non se lle ocorreu outra cousa ca xuntar a varios da súa relixión futbolística na súa vivenda. A disculpa xa se sabe: unha boa televisión, unhas botellas de reserva, chourizo extremeño, pantalla plana, e demais. Case unha hora antes do partido xa empezaron a cantar. Polo que se oía, reproducían un himno nun catalán moi macarrónico. Ao empezar o partido empezaron os saltos e os berros. O can doutro veciño ladraba cada vez que oía ouvear aos futboleros. Logo chegaron os goles. Máis saltos e máis fortes, ruídos varios difíciles de catalogar. Dalí a pouco, a tolemia. Berros nas fiestras, detonacións de petardos... Ao primeiro, aínda facían gracia, pero logo xa se vía que o alcool revolucionara as neuronas e todo o bloque de vivendas acabou sufrindo a segunda Champións dos culés. Un deles queixábase de que, cando os merengues gañaran a novena, no mesmo edificio non durmiu ninguén ata ben pasadas as tres da madrugada. Daquela, entre bombas de palenque, coches pitando, baños na fonte, no río e donde lle cadrou, poucos poideron encontrar a paz imprescindible para conciliar o soño. Un madridista imprecaba dende unha terraza. Entón sí que houbo espectáculo. Insultos mutuos, alusións aos parentes en primeira líña de consanguinidade e invitacións a lugares de pouco agrado adornaron unha noite cargada de acontecementos. O día que os construtores fagan ben os edificios, xa non importará quen gañe a Champions, incluído o Barça.