A biblioteca de Vimianzo acolle unha charla sobre Lugrís Freire

La Voz LA VOZ | CARBALLO

CARBALLO

10 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

? biblioteca municipal de Vimianzo acolle unha charla-coloquio sobre Lugrís Freire. Será a segunda dun ciclo, que empezo o día 9 e acabará mañá. os destinatarios son alumnos do colexio de Baíñas e máis do San Vicenzo de Vimianzo. O acto forma parte do programa das Letras Galegas, que seguirá o día 13 con teatro. A compañía Volta e dalle representará Jalisia: ¡Mi madriña! Será ás 20.00 horas no centro social. As escolas de teatro municipais presentarán A bruxa risiñas , Té para dúas , Ai mamasiña que me dá , Aí vén o paisano das moscas e Os faladores , o vindeiro día 17, ás 17.00 horas, no centro social. Tamén hai teatro en Malpica. Mañá, ás 10.30, no auditorio do centro cívico, o público poderá ver Os mundos contados , a cargo da compañía Talía Teatro. Os destinatarios son alumnos dos colexios Milladoiro e o de Buño. Más escea o día 16, ás 10.30 horas na escola unitaria de Leiloio, co grupo Trinke Trinke. Punta da Buítra Por outra banda, a asociación cultural Punta da Buítra vén de convocar o certame de poesía López Abente, en dúas categorías, ata 14 anos e de quince en diante. Será tema libre, en galego, co prazo de entrega fizado no 20 deste mes. Hai que mandar os traballos á sé da entidade (apartado 15.124 de Muxía. O mellor levará un lote de libros e un trofeo, e o segundo, trinta euros e tamén terá un trofeo.