ARA SOLIS | O |
13 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.UN AMIGO que anda estes días de viaxe por Europa chamou onte para preguntar se en Carballo hai alcalde novo ou non. Non ten ningún interese en que a capital de Bergantiños cambie de rexedor nin deixe de cambiar, pero como lera en Internet que había liorta no Concello quería chegar ao Fisterra antes do da moción, que moitos dan por segura. Tamén se interesou polo saqueo do iate na punta do Boi, en Camariñas, pero non só porque se enterase polo medio dos xornais dixitais. Seica atopou un abogado, diplomático e antropólogo que fala dezaséis idiomas -e ten estado nos lugares máis singurales do mundo que un poida imaxinar- que xa sabía o da pillaxe. Este home díxolle que coñecía Fisterra e outros pobos da Costa da Morte, entre eles Carballo, e daba cadra de cousas de por aquí como se vivise varios anos nesta bisbarra. Este sabio preguntoulle se lle podía dar máis datos do xa famoso saqueo ocorrido no Cabo Tosto e, ao mesmo tempo, doulle non sei cantas explicacións antropolóxicas do ocorrido. Faláballe de fames e de represións de séculos. Non sei cales poideron ser as razóns, pero hai xente de Camariñas que é obxecto de mofa a causa do sucedido. Claro que sempre pagan xustos por pecadores.