A ofrenda anual ao poeta López Abente foi case familiar


A música do grupo de gaitas da asociación Punta da Buítra rompeu o silencio da sentida ofrenda floral que todos os anos leva a cabo o Concello de Muxía ante a estatua do poeta local Gonzalo López Abente. A concelleira de Cultura, Tucha Martínez, depositou un centro moi colorista aos pés da escultura, arredor da cal se congregou un reducido número de veciños, o que converteu o acto nun encontro case familiar.A celebración continuou na Casa da Cultura con teatro e un recital de poemas de López Abente e Lorenzo Varela.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A ofrenda anual ao poeta López Abente foi case familiar