Unha sesión de contacontos e unha conferencia abren o programa

La Voz LA VOZ | CARBALLO

CARBALLO

05 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Esta fin de semana comeza o Programa das Letras organizado polo Concello de Carballo. A primeira actividade vai dirixida aos nenos, que, a partir das 18.30 horas, poderán disfrutar na ludoteca municipal do espectáculo de contacontos Os piratas de xabrón , coa coñecida Compañía do Trinke Trinke. A segunda proposta está destinada ao público adulto, e centrada na figura de Lorenzo Varela. Antón Lopo, autor do libro As tres mortes de Lorenzo Varela , que o Concello de Carballo mercou para facer chegar aos colexios e asociacións culturais do municipio, ofrecerá unha conferencia sobre o autor do Día das Letras Galegas. A programación continuará mañá. En colaboración coa asociación cultural Lumieira realizarase un intercambio cultural do Barco de Valdeorras. Representantes do municipio ourensán serán recibidos polo alcalde ás 12.00 horas.