Muxía e Vimianzo adiántanse ás Letras Galegas con varios actos en lembranza de Lorenzo Varela


la voz | carballo

Os Concellos de Vimianzo e Muxía xa ultimaron os programas cos que van render homenaxe ao autor distinguido este ano co Día das Letras Galegas.No primeiro caso, os responsables municipais puxeron en marcha unha campaña de recollida de información sobre persoeiros locais e lendas, pero tamén programaron varios actos que comenzarán o 13 de maio coa representación da obra Rexurdimento. Coplas de cego, a cargo de Nove-Dous (no centro social de Vimianzo). O luns 16, a vida e a obra de Lorenzo Varela será obxecto dun debate no edificio de servizos múltiples A Torre (as 20.00 horas) e, un día máis tarde, celebrarase a clausura das escolas municipais na que participarán os integrantes dos cursos de teatro, música e gaita, e pandereta (ás 17.00, no Centro Social). Ademais, os veciños poderán contemplar durante todo o mes de maio no mesmo escenario as obras de manualidades, pintura e palillo feitos polos alumnos das escolas culturais.Actos en MuxíaNeste caso, o Concello programou do 13 ao 18 de maio unha exposición na Casa da Cultura sobre a traxectoria vital e artística de Lorenzo Varela. O día, 15, no mesmo recinto (19.00), a coral Virxe da Barca ofrecerá un concerto.O día da celebración oficial, haberá unha ofrenda floral ante a estatua do poeta muxián Gonzalo López Abente coa participación do grupo de gaitas Punta de Buítra (11.30). Ao mediodía, a obra deste e a de Lorenzo Varela centrarán o recital poético que dará paso a unha representación dos nenos de Escola Municipal de Teatro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Muxía e Vimianzo adiántanse ás Letras Galegas con varios actos en lembranza de Lorenzo Varela