«Neste tramo recuperan o Camiño, a tranquilidade»

Manuela Puga CARBALLO

CARBALLO

Entrevista | Begoña Baldomar

28 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

?isterra é unha localidade repleta de mochilas. De que os peregrinos teñan unha boa acollida na localidad encárgase xente como Begoña Baldomar, hospitaleira do último albergue do Camiño. n? -Ao longo do ano, a maioría dos nosos peregrinos son estranxeiros. Agora no verán xa empezan a vir máis españois. Pero o resto do ano, un 78 por cento son de fóra. Hai de todos os países do mundo, menos de África. -A previsión era un aumento de xente. ¿Estase a cumpri r? -Si, pero nestes meses de verán. Ata agora, a participación viña sendo a mesma que todos os anos. Agora é cando se empeza a notar que é un Ano Santo. -¿Que comentarios se escoitan sobre a comarca? -Encántalles, de verdade que lles encanta. Gústalles a comarca, a zona, a xente... todo. A xente de aquí é moi boa cos peregrinos. Protestan pola nosa facilidade para cambiar a quilometraxe, é un xeito de animalos. Neste tramo recuperan o Camiño, a tranquilidade. -¿Cal é o ambiente en Fisterra? -Moi bo, a xente acolle moi ben ós peregrinos. Ata tal punto que, ás veces, hai que dicirlles que non os suban ao coche, aínda que estean cansos veñen para facer o Camiño. A xente é fantástica, moitas persoas véñense a ofrecer por aquí.