As homenaxes e a música sucedéronse nos municipios da comarca

La Voz

CARBALLO

17 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

? semblanza dos autores locais non foi algo exclusivo de O Couto e Laxe, senón que se estendeu por otros Concellos da Costa da Morte, nos que a festa das letras tamén se completou con música e outras actividades. Ademaís da charla de rigor sobre Xaquín Lorenzo, os veciños de Muxía non faltaron tampouco este ano á tradicional ofrenda coa que lembran a figura do seu paisano, o poeta Gonzalo López Abente. Na localidade tamén se viviu un pasarrúas co grupo Fol de veneno. A Casa da Pedra, en Camariñas, acolleu un festival no que se entregaron os premios do certamen intercentros, antes de proceder a inauguración do monolito en memoria de Antonio Rodríguez Canosa, o veciño que fixo posible a construcción da iglesia da localidade. Clausuras e música En Vimianzo, coincidindo co Día das Letras Galegas, se viviu unha festividade das artes coa clausura das escolas municipais de música, gaita, pandeireta e teatro. Por último, Cee celebrou esta xornada ao ritmo da banda da escola municipal de música, que ofreceu un concerto acompañada polo Orfeón Ceense.