A Costa da Morte énchese de actos para festexar as Letras

En Neaño déronlle unha homenaxe aos desaparecidos María Baña e o Jay-Jay A asociación Monte Branco de O Couto abre hoxe a súa semana máis activa do ano


la voz | carballo

? meirande parte dos concellos da Costa da Morte empezaron, entre onte e hoxe, ducias de actividades para festexar as letras e honrar así a cultura galega. Onte tiveron un duro rival no sol, xa que non foron poucas as praias da bisbarra que se encheron de bañistas, ou as festas, como as moi concorridas de Coristanco e A Laracha.Aínda así, o público non deixou de lado citas tan destacadas como as homenaxes, en Cabana, á poetisa María Baña e o gaiteiro Jay-Jay, finados ambos. Na praza de Neaño, e cun certo retraso sobre o programa por motivos técnicos -segundo explicou o alcalde-, para a montaxe do espectáculo de Mercedes Peón (actuou pola noite), foron moitas as persoas que quixeron lembrar a obra dos dous persoeiros e, de paso, asistir á presentación do libro Colelita poética , de Xosé Manuel Varela, entre outras moitas actividades. En Berdillo (Carballo), o local social da parroquia quedou sen sitios para poder ver o Encontro Cultural con grupos de baile e música tradicional de Malpica e Paiosaco. E hoxe, día grande, as olladas vanse cara a O Couto (Ponteceso), onde empeza a súa semana grande das Letras. Xelucho Abella lerá o pregón ás seis da tarde na Casa dos Veciños. Ademais, en Carballo celébrase hoxe un maratón de lectura durante oitos horas, en Laxe preséntase un libro de Antón Zapata, en Camariñas haberá un festival literario, e en Muxía terá lugar a habitual homenaxa a López Abente, entre outros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A Costa da Morte énchese de actos para festexar as Letras