«Persoas como Caamaño non se poden esquencer»

Entrevista | Hucho Haz Lema A entidade cultural convoco a undécima edición do concurso fotográfico que leva o nome do nonaxenario artista


cee

Desde hai once anos, Punta da Buitra celebra o cumpreanos do fotógrafo muxián Ramón Caamaño. O vindeiro mes chegará ós 95 anos e, como sempre, adícanlle un certame fotográfico que leva o seu nome. Calquera pode participar, enviando fotografías sobre a Costa da Morte antes do 12 de novembro. Para Hucho Haz Lema, secretario da asociación, a homenaxe está máis que xustificada. -¿Que supón para o pobo de Muxía a figura de Ramón Caamaño? -Caamaño é un artista indiscutible. Pola súa cámara pasou boa parte da historia da Costa da Morte do século pasado. Moitas fotos das que facía eran para vender e por encargo, pero moitas outras están feitas porque si. Ramón Caamaño é un artista. -¿Por que decidiu Punta da Buitra facerlle esa homenaxe anual? -Aquí, en Muxía, xa se lle fai unha homenaxe anual ó poeta López Abente, e para nós o normal e que se fixese algo similar con Caamaño, persoas como el non se poden esquencer, quedar no olvido dun pobo. -¿Canta xente participa habitualmente? -Chegan cada ano unhas 50 fotos de vinte autores distintos. O xurado está sempre integrado por profesionais do sector da imaxe. Cada participante pode enviar ata cinco obras sobre a Costa da Morte. Os premios que hai son de 120, 60 e 30 euros para os tres primeiros, ademais dun libro de Ramón Caamaño, Historia viva da Costa da Morte , de Xan Fernández Carrera, asinado e adicado polo propio artista, que estará unha vez máis, o día 15 de novembro, na entrega de premios en Muxía.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Persoas como Caamaño non se poden esquencer»