«Serven todo tipo de patíns, o importante é que teñan rodas»

La Voz

CARBALLO

BELÉN VÁZQUEZ DÍA DO PATÍN Francisco García, xerente do Padroado O Padroado Deportivo de Carballo colabora no Día do patín e patinete que organizan para o domingo La Voz de Galicia e Onda Cero. Francisco García Bello, xerente do organismo municipal, participa nos preparativos con moi bo humor: «Serven todo tipo de patíns, o importante é que teñan rodas», di.

12 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Son moitos os nenos que se están achegando ás instalacións do Padroado Deportivo Municipal e do Grupo Voz para inscribirse. Todo augura un éxito, como tamén anticipou onte en Onda Cero o director técnico xerente do Padroado, Francisco García Bello. -¿Que obxectivo se pretende con esta iniciativa? -É unha actividade puntual de carácter lúdico, non competitiva, para que os rapaces poidan disfrutar dunha mañá patinando polas rúas de Carballo aproveitando a época estival. Máis que nada é unha actividade recreativa para que os rapaces e maiores poidan disfrutar. -¿Cal é a situación deste deporte en Carballo? -Aquí en Carballo en canto a patinaxe, e máis concretamente en hockey a patíns, demostrouse fai pouco o nivel cos éxitos da Escola Lubiáns e coa celebración aquí do campionato de España. Estase casi á vanguardia nesa modalidade. -¿Que tipo de patíns van estar permitidos? -Serven todo tipo de patíns, o importante é que teñan rodas (dixo con bo humor). -¿Vostede patina? -Eu patinei cando era algo máis xoven. Na actualidade podo patinar, pero sen patíns. -¿En que medida colabora o Padroado Deportivo nesta actividade? -Colabora no tema das incripcións e en todo canto se lle pediu en canto ó asesoramento da actividade. Polas inscripcións que estamos vendo aquí durante a semana parece que vai ser un éxito. No Padroado levamos recibindo rapaces toda a semana, normalmente soen vir acompañados dos pais a recabar información.