Nado en Mazaricos, onde a terra e ampla e fértil, emigrou na compaña da súa dona a Alemaña para buscar un futuro que os devolvera decontado ao país
04 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Baltasar Gracián, clérigo aragonés do século XVII, moralista e barroco, na súa obra, tantas veces referida e tantas traducida a diferentes linguas, Oráculo Manual. El Arte de la Prudencia, considera o oír como un fenómeno sensorial do que todos estamos posuídos; se é que non padecemos ningunha enfermidade que o impida. En cambio, o escoitar é unha habilidade moral e práctica ligada á prudencia e ao dominio de si. Baruch Spinoza, filósofo seguidor da corrente racionalista e autor de Ética, obra que se segue a editar, coincide con Gracián en que o oír é un dato sensorial, en cambio escoitar implica a procura do entendemento e este transformase en impresións e ideas claras. Gracián na obra citada vai máis aló e considera o escoitar como unha estratexia social que permite decidir cando intervir nunha conversa para usar a palabra con atino. Spinoza, non vai en contra, pero subliña que esa habilidade vai unida a un procesamento racional, non vale con escoitar pasivamente; senón, someter a escoita a unha análise crítica cara á evitar confusións de ideas.
Nado en Mazaricos, onde a terra é ampla e fértil, emigrou na compaña da súa dona a Alemaña para buscar un futuro que os devolvera decontado ao país. O Aguiño daquela contaba cunha flota de cerco, palangre e de pequenas embarcacións que permitían vivir as familias da contorna coa dignidade outorgada por un traballo honrado no mar. Eran tempos de fartura. E os bares cumprían coa función de atender as necesidades inmediatas dos mariñeiros. Aí se instalaron.
O mazaricán, 84 anos, ten a curiosidade dun neno, oído activo, para oír e escoitar e para opinar coa sabedoría dunha persoa vivida.