Os alcaldes de Barbanza Arousa respaldan unha iniciativa lexislativa popular para protexer as actividades pesqueiras e marisqueiras
RIBEIRA
Fan un chamamento aos grupos parlamentarios en Galicia para que voten a favor de admitila a trámite
15 oct 2024 . Actualizado a las 11:34 h.Nunha comparecencia conxunta, representantes dos gobernos municipais do territorio que conforma Barbanza Arousa solicitaron o apoio para unha iniciativa lexislativa popular impulsada pola Plataforma en Defensa da Ría que busca protexer as actividades pesqueiras e marisqueiras tradicionais. O presidente da mancomunidade de municipios, o ribeirense Luís Pérez Barral, acompañado dos seus homólogos da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, e Rianxo, Julián Bustelo, así como da integrante do executivo de Boiro María Outeiral, solicitaron os grupos do Parlamento de Galicia para que voten a favor da admisión a trámite da iniciativa, que se debaterá o día 22 no Hórreo.
Os representantes locais expresan a necesidade de recoñecer legalmente estas actividades como de interese xeral, instando a que se integre un novo artigo na Lei de Pesca de Galicia que recoñeza a importancia do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola tradicional. Así mesmo, solicitan que nos futuros Plans de Ordenación do Espazo Marítimo priorizar e garanta o desenvolvemento destas actividades mediante un informe preceptivo da Consellería do Mar fronte a outros proxectos que poidan impactar negativamente a contorna e as actividades produtivas.
Para avalar a súa proposta, os responsables municipais inciden en cuestións como a económica, indicando que os sectores pesqueiro e marisqueiro xeneran tanto emprego directo como indirecto. Para iso reflexan datos do 2023, citando que estas actividades empregaron a 1.544 mariscadores (44 % de Galicia), xerando 4.177 empregos directos. Ademais, estímase que os empregos en terra relacionados con esta actividade multiplican o impacto ata 16.708 empregos indirectos.
De igual maneira, incidiron no seu impacto na economía. Así, Luís Pérez Barral destacou oseu valor: «As cifras reflicten a súa relevancia na achega ao PIB dos concellos: Ribeira (32,17 %), A Pobra do Caramiñal (24,17 %), Boiro (22 %), Rianxo (12,55%) ao igual que nos otros concellos da ría». Finalmente, os representantes incidiron en que representa un legado cultural, turístico e ambiental.