A 31 edición do concurso escolar polo Día das Letras Galegas reuniu o talento de 500 menores

Laura Ríos RIBEIRA

RIBEIRA

CEDIDA

Un total de 15 gañadores foron galardoados este venres nun acto no auditorio de Ribeira

26 may 2023 . Actualizado a las 17:43 h.

Banda deseñada, poesía e prosa. Estas foron as tres disciplinas nas que 500 nenos de varios colexios de Ribeira participaron na 31 edición do concurso escolar do Día das Letras Galegas. A entrega de premios celebrouse no auditorio municipal de Ribeira este venres e a ela cudiron as concelleiras de Educación e Cultura Juana Brión e María Sampedro. 

Co fin de quentar motores, antes do punto forte da gala os pequenos gozaron do espectáculo, O Espantallo Amigo, dos Quinquilláns. Despois da marabillosa actuación chegou o momento de desvelar os nomes dos gañadores, divididos por idades de primeiro a terceiro e de cuarto a sexto de educación primaria.

Na modalidade de prosa, os rapaces de primeir ciclo afortunados foron os alumnos do Grupo, Alex Trillo, con A Mellor Nena da Historia, Nicolás González, con O Pingüino Viaxeiro e Pedro García, con O Pequeno Axedrecista e o Gran Axedrecista.

Na categoría B, para nenos de cuarto a sexto de primaria, foron as rapazas as que tomaron protagonismo. A primeira posición foi para Carla Pérez, con O Capitán que Recicla, seguida de Sabela Iglesias, con O Capitán Dun Petroleiro, ambas do colexio O Grupo. O gañador do terceiro premio foi o relato Unha Nena Doutro Mundo, da alumna do Galaxia Diana Resúa.

As rapazas tamén brillaron na categoría B de poesía, na que se coroaron como gañadoras Noa Sampedro, con Corazón Obstruído, do CEIP de Olveira; Olalla Abraldes, dao cole de Artes, coa súa obra O Amor e Alba García, alumna de Palmeira que quedou no terceiro posto co seu poema O Vento.

Outra das disciplinas nas que os participantes depositaron os seus esforzos foi a banda deseñada. Neste caso, o podio dos pequenos foi encabezado por Mauro Otero, de O Grupo co seu debuxo bautizado Patacas. A prata quedou para Xoana Rey, de Olveira, grazas á súa obra Explorando. Leo Beltrán, de O Grupo, foi o terceiro clasificado con Mini Bugi. 

As tres últimas afortunadas da xornada foron Alba García, Carla Dios e Nerea Suárez dos colexios de Palmeira, Bayón e Galaxia e creadoras de Unha Extraña Linguaxe, Un Novo Universo e A Nutri Vida.