No que respecta ao pobrense, rexistráronse queixas polo uso exclusivo do castelán nas publicacións de Instagram do departamento de Turismo das que se deu traslado ao goberno local, que realizou as xestións pertinentes para incluír o galego como lingua prioritaria. Do mesmo xeito, o Concello de Carnota modificou os carteis do parque infantil do Pindo, que estaban en castelán.