Menu La Voz de Galicia Inicia sesión Mi cuenta Suscríbete por 1€ Cerrar Xarás, en Ribeira ISABEL SANTOS RIBEIRA 29 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h. Whatsapp Mail Facebook Twitter Comentar · Moitas son as persoas que diariamente visitan Xarás, en Ribeira, por ser un núcleo de empresas e servizos, pero tamén porque é un dos accesos ao monte de Santo Alberte, atalaia privilexiada de moi fermosas paisaxes, e asentamento da ermida homónima, moi frecuentada por adolescentes e veciños co gallo da romaría do mes de abril. Trátase dun topónimo pouco habitual, pois só hai outro Xarás en Camariñas; pero si que pode ter o significado bastante recorrente de «pedregoso ou areoso». O noso Xarás está nunha das ladeiras do monte de Santo Alberto e hai unha antiga canteira, polo que está garantida esta morfoloxía. Daquela, estariamos ante o étimo latino sabulum, «area», que da sábrego e xabre, co significado de «terra areosa da descomposición do granito». Outra orixe sería o nome do arbusto xara de etimoloxía árabe (sa´ra´ «matogueira»), pero non parece moi axeitada, malia que comparte o significado de «terreo areoso». E por estas coincidencias das linguas, traio unha palabra do tupí: xará, que significa «tocaio». Mágoa que os xarás (tocaios) estean en América do Sur, tan lonxe! Archivado en: Ribeira Camariñas Whatsapp Mail Facebook Twitter Comentar ·