ÚLTIMAS HORAS - BLACK DAYS -
Suscríbete 1 año con el 50% de descuento
Quiero la oferta

Profundidades

Manuel Gago
Manuel Gago VERMELLO CONTRA O MAR

RIBEIRA

Vista aérea del puerto de Muros.
Vista aérea del puerto de Muros. Carmela Queijeiro.

28 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Non sei se me sorprendeu máis o auto da xuíza enxuizando a profundidade de Galicia ou o profundo que calou na nosa sociedade esa aldraxe, ata o punto de que este martes, o Parlamento do noso país preparou unha solemne declaración, proclamando non grata a expresión «Galicia profunda». Imaxínanse vostedes ao Parlamento francés ou ao Parlamento británico protestando solemnemente por unha declaración dunha xuíza nun auto dun xulgado marbellí. A que non? Pois eu tampouco consigo comprender por que o noso Parlamento se ocupa destes asuntos. Non se pode gobernar e lexislar a golpe de Twitter e Facebook. Ou dos nosos propios traumas.

A declaración da xuíza é totalmente improcedente e desvela o que moita xente pensa, pero non só por aí fóra. Como ben comentaba o outro día David Rodríguez, esa idea da Galicia profunda está en moito do novo cinema galego actual.

E non nos enganemos: moitos na nosa comarca pensan que a Galicia profunda, ou como se dicía antes, «os do monte», está a catro quilómetros (ou menos) da súa casa. Na Pobra escóitoo dos de San Isidro. En Ribeira, dos de Oleiros. En Boiro, dos de Montaña ou Montañó. En Muros, dos da Serra. E así todo. E todos xuntos soñamos ir na Semana Santa ao Courel a atoparnos coa Galicia profunda e auténtica, onde falan «galego cerrado» e a xente aínda está un pouco atrasada, non coma nós.