O Concello homenaxeará ao parataekuondista Álex Vidal entregándolle a medalla de ouro de Ribeira

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

RIBEIRA

O ribeirense Álex Vidal competirá en setembro nos Xogos Paralímpicos de Tokio
O ribeirense Álex Vidal competirá en setembro nos Xogos Paralímpicos de Tokio MARCOS CREO

O acto celebrarase o mércores na carpa da rúa Canarias ante a previsión de chuvia

02 ago 2021 . Actualizado a las 18:00 h.

O Concello entregará a medalla de ouro de Ribeira ao parataekuondista, e tres veces campión do mundo, Álex Vidal Álvarez. O acto terá lugar o mércores  e servirá tamén como despedida do deportista na véspera da súa viaxe a Tokio para participar nos Xogos Paralímpicos. Por mor do mal tempo, a homenaxe será baixo a carpa multiusos da rúa Canarias, situada en frente do mercado de abastos. O acto comezará as 19.30 horas e respectará os aforos estipulados polas normas anti-covid.

Nesta cerimonia, o ribeirense será galardoado grazas a un acordo unánime da corporación no último pleno ordinario do ano pasado. Tras a súa partida a Xapón, está previsto que o loitador combata na madrugada do 1 ao 2 de setembro no centro de convencións Makuhari Messe, na prefectura de Chiba.