Novela de resistencia

ROMÁN ARÉN

RIBEIRA

26 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Antonio Piñeiro gañou con esta novela curta o VII Premio Cidade Centenaria de Ribeira en 2019. Unha novela que criticamente hai que situar no mapa das novelas de resistencia, é dicir, das obras que amosan o enfrontamento da sociedade galega coa represión fascista. Estas novelas de resistencia poden agruparse en distintas variedades: guerrilla, fuxidos, cárcere… Celada debe pórse en relación con O ventre do silencio ou Memorias do diaño de Bouza Álvarez polo espazo físico (Compostela), pola temática do estudantado resistente ao franquismo e mesmo polo punto de vista elixido. Aínda así, a orixinalidade desta obra vénlle dada polo estilo inconfundible do autor, a capacidade evocativa dun tempo, e o final ben logrado.

Nos anos setenta, o franquismo final, Compostela ferve coas protestas dos universitarios e coa represión policial, mentres un grupo de estudantes asiste ao espectáculo do cerco policial dende o lugar pechado dun bar.

Crea un personaxe potente, Alaín, o inspector policial, que quizais necesitaría máis espazo para desenvolver todas as súas capacidades, pero que logra unha impresión vívida perante os lectores.