O BNG propón crear o bono Activa-Ribeira para axudar a comercio e hostalaría

La Voz

RIBEIRA

Os nacionalistas mantiveron un encontro coa xunta directiva da patronal ribeirense

24 jun 2021 . Actualizado a las 11:42 h.

Membros del BNG mantiveron un encontro esta semana coa xunta directiva da Asociación de Empresarios de Ribeira para analizar a situación dos distintos sectores a consecuencia da pandemia. Os nacionalistas propuxeron poñer en marcha o bono Activa-Ribeira, que mobilizaría máis de 330.000 euros en axudas para comercios e locais hostaleiros, e a idea é activalos en setembro coincidindo coa volta ao cole e as festas patronais.

Segundo explicaron, ían falar cos servizos económicos municipais para que o Concello destine a esta proposta un mínimo de 200.000 euros para crear bonos de 30 euros cos que beneficiar a unhas 6.600 persoas que só terían que achegar 20 euros. «De aprobarse esta proposta estariamos xerando un forte impacto económico no comercio e hostalaría de Ribeira, axudariamos a moitas familias cos gastos da volta ao colexio e contribuiríase a que esas compras se fagan na localidade», afirmou Luís Perez Barral.