Varias propostas simbólicas manterán en Ribeira o espírito dorneiro

RIBEIRA

carmela queijeiro

Está confirmada a celebración da ruta de tapas e dun certame de decoración de casas e negocios

08 jun 2021 . Actualizado a las 14:39 h.

Descartada a celebración deste ano da Festa da Dorna por mor da pandemia, a Real e Ilustre Cofradía anunciou que si se levarán a cabo diversas actividades simbólicas, coas que se busca darlle continuidade á celebración. Entre as propostas que xa están pechadas figura a ruta de tapas que, bautizada como Estrellas Mijelín, chega nesta ocasión á súa sétima edición. Desenvolverase nos locais hostaleiros os días 23 e 24 de xullo e concluirá coa elección da mellor receita. Os interesados en participar teñen ata o 25 deste mes para anotarse.

Tamén haberá un concurso de decoración con motivos dorneiros de casas, comercios e bares, dotado con premios. O prazo para anotarse concluirá o 1 de xullo.