Manuel Ruiz: «No polígono non paramos e aínda non albiscamos a meta»

Ana Gerpe Varela
A. Gerpe RIBEIRA

RIBEIRA

Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira
Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira CARMELA QUEIJEIRO

O alcalde de Ribeira defende o diálogo cos demais grupos políticos

30 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

No seu segundo mandato en minoría, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, subliña que o PP ten un modelo de cidade que debe levar adiante e que ao rematar no mandato «ten que verse en Palmeira e Aguiño».

-Son moitos os obstáculos cun goberno en minoría?

-Ten a parte positiva de que sempre vas intentar chegar a acordos. O problema é que nunca tes un criterio claro para ofertar os achegamentos e iso dificulta chegar a acordos. Para conseguilo hai que ceder e cedemos. O importante é que sempre está aberta a posibilidade de diálogo cos grupos.

-De que se sinte menos satisfeito?

-Da lentitude administrativa de algúns trámites, como pode ser cambiar o PXOM. Tanto polo procedemento como polos obstáculos cos que nos atopamos. No polígono non paramos e aínda non albiscamos a meta.