O BNG insta a abrir a piscina de Ribeira con garantías sanitarias de uso para a veciñanza

RIBEIRA

Cedida

A formación nacionalista reclama que estea operativa este mes

01 mar 2021 . Actualizado a las 17:38 h.

Os concelleiros do BNG de Ribeira Xosé Vázquez Cobas e Luís Pérez Barral instan ao goberno local a abrir a piscina, con garantías sanitarias de uso para a veciñanza, antes de que remate o mes de marzo. Os representantes da formación criticaron o feito de que a instalación leve doce meses pechada e co propósito de que obter explicacións ao respecto presentaron unha iniciativa solicitando ao alcalde, Manuel Ruiz, información sobre cales son os motivos de que non abrise.

Indican que este tipo de recintos si están operativos noutros concellos, polo que creen que debe facerse en Ribeira.

Neste sentido, Luís Pérez Barral indicou que debe abrir canto antes «cunhas normas claras que garantan o uso seguro». Neste sentido, os nacionalistas precisan que as Administracións públicas deben potenciar os hábitos de vida saludábeis: «A actividade física é vital para manternos en forma e sans, xa que reforza o sistema inmunolóxico e permite controlar o estrés, a ansiedade e o estado de ánimo».

Precisamente, o Concello de Ribeira indicou hai uns días, a raíz de que se rebaixasen as restricións pola redución dos contaxios na bisbarra, que está previsto que a mediados deste mes reabra a piscina.