Barbanza: Ribeira súmase ao Día das Letras con teatro e sesións de contos
Haberá dous espectáculos en directo e un terceiro en liña, dirixido aos colexios do municipio
Teatro e sesións de contos integran o programa deseñado polo Concello de Ribeira para a conmemoración do Día das Letras Galegas. As actividades comezarán mañá (auditorio, 19.00 horas) da man da compañía Ghazafelhos, que poñerá en escena As pitas baixo a chuvia, unha obra baseada nun texto de Carballo Calero. A maiores, o sábado recalará no Lustres Rivas (12.00 horas) Charo Pita, que ofrecerá unha sesión de contos titulada O gaiteiro arrepiado. Para asistir a calquera destas funcións é imprescindible reservar cadeira no correo normalizacion@ribeira.gal.
Función en liña para coles
A maiores, o Concello poñerá a disposición dos colexios, desde mañá e ata o vindeiro día 6, o espectáculo A farsa das zocas, de Raquel Queizás. Trátase dun espectáculo que está recomendado para os alumnos de Primaria.
Comentarios