Galiza Nova denuncia unha pintada LGBTfóbica en Ribeira

M.G. RIBEIRA

RIBEIRA

CEDIDA

A organización xuvenil fai un chamamento a promover unha educación sexual «libre de prexuízos moralistas»

14 oct 2020 . Actualizado a las 17:36 h.

A organización barbancesa de Galiza Nova vén de denunciar un novo ataque LGBTfóbico na bisbarra. Trátase dunha pintada localizada en Ribeira na que se sinala a Pedro Sánchez e Pablo Iglesias como «los gais de la Moncloa» e se alude despectivamente á homosexualidade do ministro de Interior, Grande Marlaska. A responsable comarcal da agrupación, Diana Lixó, asegurou que «as persoas LGTB enfrontá,monos a agresións constantes diariamente» e fixo un chamamento ao activismo os 365 días do ano «educando ao noso entorno en igualdade e respecto» para acabar con este grave problema.

Neste sentido, as xuventudes do BNG consideran necesario promover «unha educación sexual digna nos colexos, que eduque ás nosas crianzas libres de prexuízos moralistas». Por último, dende Galiza Nova aseguran que «non van tolerar a LGTBfobia» e animan á mocidade a organizarse para facerlle fronte.