O BNG mantivo un encontro coas anpas de Ribeira

A xuntanza contou coa presenza de daputada Rosana Pérez


ribeira/la voz

O BNG ribeirense mantivo unha reunión coas Anpas do municipio para analizar os problemas do inicio do curso sobre o que, «teñen moitas dúbidas e incertidume», según os nacionalistas. Na xuntanza estiveron presentes a deputada Rosana Pérez, a responsable local de acción social, Cruz Rivadulla, e os concelleiros do grupo municipal, Xosé Vázquez e Luis Pérez. Según os frentistas, as anpas trasladaron a enorme preocupación que lles crea o protocolo da Xunta que: «Non foi consensuado coa comunidade escolar, a falta de profesorado ou de persoal de desinfección nos centros ou os problemas que teñen co transporte escolar. Lamentaron a falta de diálogo da Xunta coa comunidade educativa e tamén a opacidade e a ocultación dos datos sobre a incidencia do coronavirus».

Rosana Pérez mostrou o compromiso da súa organización política cun inicio de curso escolar presencial e seguro, «facendo os investimentos precisos que garantan a máxima seguridade da poboación escolar fronte a irresponsabilidade da Xunta que nada fixo en seis meses e improvisa a última hora».  

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Tags
Comentarios

O BNG mantivo un encontro coas anpas de Ribeira