Xabier González: «Os incendios que tivemos en Ribeira e O Son buscaban crear alarma social»

Asegura que existen distintas causas na intencionalidade dos lumes


ribeira / la voz

Leva pouco máis dun ano como xefe do distrito forestal de Barbanza, pero Xabier González (Vedra, 1970) coñece ben o territorio porque dende o 2003 traballa nas tarefas de extinción e control dos lumes na bisbarra. Recoñece que, nestas datas, «estamos en estado de alarma as 24 horas».

-Coñecer as condicións climatolóxicas é unha das primeiras cousas que fai cando chega esta época do ano?

-Cando veñen os días de calor e nordés sabes que vas ter traballo. Sempre hai unha visión de como se van comportar os días en canto a calor e vento, pero son circunstancias cambiantes. Cando estás nun incendio procuras ter información máis precisa sobre os ventos e as condicións térmicas para saber como actuar. Non son só os ventos que hai, senón como poden variar.

-A que se refire?

-Os incendios teñen unhas condicións climatolóxicas distintas, debido ás succións das lapas de lume e a outros factores. Iso pode variar o comportamento dos ventos e comprometer os traballos de extinción. Nos incendios sempre hai riscos e momentos nos que estás apurado.

-Como controlan eses posibles cambios durante a actuación?

-Mediante cámaras térmicas pódese ter unha previsión de como se están a comportar. Tamén hai unha aplicación da Xunta para ver a evolución, e despois está a propia experiencia de cada un.

-O vento é o factor crucial?

-É o máis importante porque é o menos previsible. A pendente ou a calor non van variar. O vento pode motivar que teñas que cambiar a técnica de extinción. É o máis complicado de manexar.

-A bisbarra de Barbanza leva días en alto risco de incendios.

-Están a darse temperaturas altas e vento do nordés, que é especialmente secante. O período forte dos lumes acostuma a ser a finais de agosto e setembro, porque o terreo está máis seco. Ata agora puidemos controlar bastante ben os incendios que houbo, pero se continúan estas condicións, en setembro vai ser máis complicado atallar os lumes.

-Está claro que a maioría son intencionados, pero as causas?

-Dentro da intencionalidade hai moitas coñecidas, como queimar os lugares polos que están o xabaril ou o lobo, ou para crear pastos. Hai intencionalidades para un fin concreto, pero estes días, os incendios que tivemos en Ribeira e O Son buscan crear unha alarma social. Centráronse en miradoiros, como Enxa, Tahume ou A Curota.

-Con que finalidade?

-Pode que sexa para chamar a atención, persoas que teñen algunha enfermidade. Hai xente á que se lle fai un seguimento, pero resulta difícil collela. Aos que actúan con maldade é complicado poder localizalos porque non deixan pegadas claras que permitan dar con eles.

-Faise vixilancia, pero a colaboración cidadá pode ser clave?

-Pode resultar de gran axuda. Hai un teléfono anónimo, o 900 815 085 ao que pode chamarse en caso de que unha persoa advirta algo sospeitoso.

«Esta bisbarra é a máis conflitiva da provincia da Coruña»

Aínda que Xabier González afirma que se atallou moito en materia de incendios forestais, sinala que continúan a rexistrarse moitos lumes.

—Cando se fala de incendios forestais ou de risco, o nome de Barbanza sempre está en cabeza.

—Esta bisbarra é a máis conflitiva na provincia da Coruña. A nivel galego, en Ourense tamén hai moitos incendios.

—Pode deberse a que non hai un aproveitamento forestal?

—Ao que prende lume, o monte impórtalle pouco. É certo que canto maior sexa a silvicultura, a carga de combustible no monte é menor. Sen embargo, o lume tamén crea certa desidia nos silvicultores, porque saben que o froito do seu traballo e da súa inversión pode verse completamente destruído polos incendios. Os prezos da madeira tampouco fan rendible a inversión do que se consegue en limpezas. Ten que haber maior rendibilidade para que haxa investimento. De todos xeitos, que haxa silvicultura tampouco significa que exista un risco cero de incendios. Téñense dado en lugares da bisbarra nos que hai un traballo constante no monte.

—As consecuencias van máis alá de árbores queimados?

—O monte ten un gran valor primario para a sociedade. Incide na calidade do aire, da auga e dos cultivos agrícolas. A súa importancia é determinante.

«É precisa unha lexislación superior para ordenar o territorio»

O xefe do distrito afirma que os lumes sempre existiron e que non hai un risco de incendio cero. Sen embargo, incide na importancia da prevención.

—Como pode atallarse este problema que causa tanto dano?

—É precisa unha lexislación superior para ordenar o territorio. É importante reducir a carga de combustible e de altura das chamas para poder combater o lume cando se produce.

—O minifundismo é un problema?

—Efectivamente, hai moitos propietarios e iso dificulta de xeito importante que poida facerse esa ordenación. Outro elemento que incide é o feito de que o territorio está afectado por moitos elementos que dependen de Administracións diferentes. Isto motiva que, en numerosas ocasión, para levar a cabo una corta ou una limpeza haxa que solicitar permisos a distintos organismos. Para facilitar as cousas sería bo ter unha lexislación de carácter superior que, digamos, aglutinase todo e facilitase os trámites.

—Cal sería esa ordenación?

—Non podemos ter centos de hectáreas de extensión continuada cheas de piñeiros e eucaliptos. Habería que facer unha distribución da carga de arborado, incorporando pasteiros o zonas de monte raso. Franxas de xestión que permitan parar os lumes. É importante que se reduza a carga de combustible existente no terreo.

«Esta bisbarra é a máis conflitiva da provincia da Coruña»

Aínda que Xabier González afirma que se atallou moito en materia de incendios forestais, sinala que continúan a rexistrarse moitos lumes.

-Cando se fala de incendios forestais ou de risco, o nome de Barbanza sempre está en cabeza.

-Esta bisbarra é a máis conflitiva na provincia da Coruña. A nivel galego, en Ourense tamén hai moitos incendios.

-Pode deberse a que non hai un aproveitamento forestal?

-Ao que prende lume, o monte impórtalle pouco. É certo que canto maior sexa a silvicultura, a carga de combustible no monte é menor. Sen embargo, o lume tamén crea certa desidia nos silvicultores, porque saben que o froito do seu traballo e da súa inversión pode verse completamente destruído polos incendios. Os prezos da madeira tampouco fan rendible a inversión do que se consegue en limpezas. Ten que haber maior rendibilidade para que haxa investimento. De todos xeitos, que haxa silvicultura tampouco significa que exista un risco cero de incendios. Téñense dado en lugares da bisbarra nos que hai un traballo constante no monte.

-As consecuencias van máis alá de árbores queimados?

-O monte ten un gran valor primario para a sociedade. Incide na calidade do aire, da auga e dos cultivos agrícolas. A súa importancia é determinante.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Xabier González: «Os incendios que tivemos en Ribeira e O Son buscaban crear alarma social»