A Dorna tamén sucumbe á crise do coronavirus

A. L.

RIBEIRA

MARCOS CREO

A organización acaba de comunicar a decisión aos responsables das peñas

28 jun 2020 . Actualizado a las 20:34 h.

Finalmente non puido ser. A crise sanitaria do coronavirus e o recente brote localizado na comarca de Barbanza fixeron que os organizadores la Festa da Dorna decidiran tomar a decisión máis drástica e non levar a cabo a celebración, que estaba prevista para os días 23 ao 26 de xullo. Nun comunicado enviado pouco antes da xuntanza que tivo lugar na casa do mar cos responsables das peñas se informaba desta decisión.

«As actividades programadas ían ser en streaming e non presenciais. Vista a situación actual, na que hai rebrotes na nosa zona, as aglomeracións nas últimas noites da fin de semana, entendemos que se pode facer un efecto chamada sobre a poboación de fóra da comarca», apuntan os responsables da Cofradía da Dorna. Por este motivo, consideraron que o máis responsable e consecuente sería non levar a cabo a sinjladura prevista para finais do mes de xullo.

Aínda que non haxa festas, terán lugar algunhas actividades vinculadas con estas celebracións. Así, o trofeo da copa da Real e Ilustre Cofradía, que se entrega a aquela peña que obtivo máis puntos das distintas probas e xogos, «este ano lucirá no hospital comarcal, como símbolo de agradecemento ao incansable labor de todo o persoal da sanidade, desde limpeza, seguridade ou os médicos. Amosando a defensa da nosa sanidade e da xente que alí traballa», informaron.

Por outra banda, tamén anunciaron que se repartirán as sudadeiras dorneiras. A semana próxima comezarán a entregarse aquelas que xa estaban encargadas, e logo se instalará o tradicional posto de venta na rúa.

Desde a organización insisten en que esta situación non tirará pola borda os seus ánimos e confían en que o ano próximo poidan organizar unha celebración con moitas máis gañas.