María Xesús Blanco presenta «O caderno de Rosalía» no Lustres Rivas

La Voz

RIBEIRA

MARCOS CREO

O acto está organizado por Barbantia, La Voz de Galicia, a editorial Galaxia e o Concello de Ribeira

25 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O centro cultural Lustres Rivas acollerá mañá, a partir das 20.30 horas, a presentación do libro O caderno de Rosalía, da escritora María Xesús Blanco. O acto está organizado por la Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a editorial Galaxia e o Concello de Ribeira, e será preciso reservar entrada previamente no correo pastor@barbantia.es.

Ademais da autora, no evento participarán Manuel Cartea e Blanca-Ana Roig, de Barbantia; Francisco Castro, director xeral da editorial Galaxia, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas.